Benvidos/as á web da Escola de Música de Rianxo

A Escola de Música de Rianxo créase no verán do 2001 grazas á iniciativa e ás inquedanzas do seguinte grupo de músicos rianxeiros: Ramón Pérez, Carlos Figueira, José Fungueiriño e Rafael Collazo. Nace como un proxecto para servir de complemento á educación dos/as mozos/as rianxeiros/as. Como resultado desta iniciativa cultural, xorde no ano 2003, con alumnos/-as da propia escola, a Banda da Escola de Música de Rianxo. Na actualidade conta con máis de 60 músicos e músicas de tódalas idades. Os resultados falan por si sós. Máis de dúas décadas despois, a banda mostra unha madurez extraordinaria, que ten dado como froito o 1º premio no II Certame Galego de Bandas na sección terceira (2008) e o 1º premio no X Certame Galego de Bandas na sección segunda (2016), celebrados en Santiago de Compostela, entre outros moitos galardóns e participacións en diferentes proxectos culturais.

FORMACIÓN MUSICAL

AGRUPACIÓNS

CONCERTOS

Scroll ao inicio